NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PECHARÁ AS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS ESTE MÉRCORES, 1 DE XULLO, EN APOIO E SO

O rexedor, Alfonso Villares, reuniuse este mediodía co comité de empresa da administración local para trasladarlles a decisión

Tan só permanecerán operativos servizos mínimos de Rexistro, do servizo de auga, saneamento e electricidade, de recollida de lixo, de Emerxencias, Polcía Local, de Axuda no Fogar ou o servizo de socorrismo

O Concello de Cervo, nun símbolo máis de apoio manifesto e de solidariedade cos traballadores de Alcoa e das empresas auxiliares, pechará as instalacións municipais este mércores, 1 de xullo, “nun intre crucial no que está en xogo o presente e o futuro de toda a comarca”.

 

O rexedor, Alfonso Villares, mantivo este mediodía un encontro cos representantes do traballadores municipais, no que lles trasladou a decisión de secundar a convocatoria de folga anunciada polo Comité de Empresa de Alcoa.

Así, nesa xornada tan só permanecerán operativos servizos mínimos de Rexistro, do servizo de auga, de saneamento, de electricidade, de recollida de lixo, de Emerxencias, Policía Local, do servizo de Axuda no Fogar e tamén servizos mínimos de socorrismo.

Villares precisou que é fundamental que toda a Comarca reme unida nunha mesma dirección para reverter o peche da fábrica de aluminio e o despido de máis de 500 empregados directos, e moitos máis indirectos das empresas auxiliares; “todos formamos unha gran cadea, e a materialización deste proceso sería un golpe con consecuencias irreparables para toda a bisbarra; non o podemos permitir”; precisou.

Neste senso o rexedor cervense reitera que “o prezo da enerxía, tal e como vimos alertando todos, capitaneados polo Comité durante todo este tempo, é a sentencia de morte da nosa empresa de aluminio, polo que insiste “na aprobación inmediata dese estatuto para as empresas hiperelectrointensivas por parte do Goberno do Estado polo que levamos agardando case dous anos”.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa