NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO MELLORA AS PISTAS DE PÁDEL DO COMPLEXO DEPORTIVO DA VEIGA

Estase a cubrir a que carecía de protección, e as dúas quedarán pechadas lateralmente a partir dunha altura de 2,45 metros

Durante as obras, que se prevé que estarán rematadas nun mes, non se poderá reservar para xogar nestas infraestruturas municipais

O Concello de Cervo está a mellorar estes días as dúas pistas municipais de pádel situadas no Complexo Deportivo da Veiga.

O edil de Deportes, David Rodríguez, achegouse ata as instalacións para supervisar o inicio da actuación, que tal e como explicou, “consistirá en cubrir a pista que carecía de protección; e pecharemos as dúas lateralmente a partir dunha altura de 2,45 metros, co que cremos que as condicións de xogo mellorarán substancialmente, podendo utilizar as pistas sexa cal sexa a situación meteorolóxica; algo que ata o de agora tiña as súas limitacións”.

Rodríguez explicou que durante o tempo que se prolonguen os traballos –previsiblemente un mes- as persoas usuarias non poderán utilizar loxicamente as instalacións nin reservar pista.

A obra conta cun orzamento total de 60.000 euros, dos cales o 65% está aportado pola Xunta de Galicia, a cargo da subvención para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

O edil agradece a comprensión das persoas usuarias por este tempo no que as instalacións quedarán inutilizadas, pero precisou “que durante este inverno xa poderemos desfrutar, se a situación o permite, dunhas pistas renovadas e adaptadas para a práctica dunha actividade deportiva que día a día gaña adeptos”.
 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa