NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INVESTIRÁ PRETO DE 400.000 EUROS EN DIFERENTES OBRAS DE SANEAMENTO E ABASTE

As actuacións que se levarán a cabo nos próximos meses serán sufragados con fondos propios do remanente de tesourería

Alfonso Villares: “son actuacións que non se ven, que van soterradas, pero que entendemos que son fundamentais para o benestar da veciñanza e para facer do noso rural un lugar cada vez máis atractivo para vivir e para o asentamento de nova poboación”

 

O Concello de Cervo investirá nos vindeiros meses preto de 400.000 euros -397.399,16 euros concretamente- en diferentes actuacións de saneamento e abastecemento de auga que se executarán nas diferentes parroquias.

As obras serán asumidas integramente con fondos propios froito do remanente de tesourería que presentan as arcas municipais –tal e como explica o rexedor, Alfonso Villares- quen puxo de manifesto “a importancia dunha xestión seria e responsable dos cartos públicos para poder dar resposta ás necesidades que se presentan no día a día das nosas parroquias, da nosa veciñanza”.

A filosofía deste equipo de goberno para por ir dotando pois ao noso rural –apunta- de servizos que o fagan atractivo para vivir, para o asentamento de nova poboación, de novas familias.

Por este motivo entendemos prioritarias as diferentes actuación que imos executar con estes fondos públicos. A maioría delas son esas obras que van soterradas, que non se ven, pero que son fundamentais para o benestar da veciñanza.

As actuación que imos levar a cabo os vindeiros meses a cargo do Remanente de tesourería son:

-       Rede de saneamento e pavimentación de viais nos lugares de Alleira e o Cal, en San Román; por un importe de 77.355,45 euros

 

-       Renovación de redes de abastecemento de auga potable desde a ponte do Río Xunco ata a estrada do Vilar e dende a Fonte Santa ata o cruce da Ponte do Rego, en Sargadelos; por un importe de 48.169,83 euros

 

-       Substitución da rede de saneamento na Ponte de Lieiro, en San Ciprián; por un importe de 47.651,37 euros

 

-       Redes de abastecemento de auga potable, saneamento, depuración e pavimentación de diferentes vías no lugar de Vilaestrofe, en San Román, por  un importe de 127.667,41 euros

 

-       Substitución de redes de saneamento e abastecemento de auga na Avenida da Mariña, desde o cruce da Rúa da Cruz ata o cruce da Rúa Bellavista e Rúa da Veiga, por un importe de 48.368,14 euros.

 

-       Mantemento e mellora do depósito de auga potable da ETAP de Rúa, por un importe de 48.187,16 euros.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa