NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INSTALA UN NOVO MARCADOR ELECTRÓNICO E DOUS TEMPORIZADORES DE PRECISIÓN NO

O novo equipamento, cuxo orzamento ascendeu a 6000 euros procedentes de fondos propios, foi estreado polo Distribuciones Carreiras San Ciprián, da sección de baloncesto do C.D. San Ciprián, que está a disputar a fase de ascenso á Liga Galega

  • O edil de Deportes, David Rodríguez, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixeron desexarlle moita sorte ao equipo, que este martes volveu xogar un partido decisivo na casa para lograr ese obxectivo ante o Peleteiro
  • O Concello de Cervo vén de adquirir e instalar un novo marcador electrónico inalámbrico e dous temporizadores de precisión –un para cada fondo da pista- no pavillón municipal da Veiga para facilitar a práctica deportiva das diferentes disciplinas que acolle esta instalación.

O novo equipamento foi estreado polo Distribuciones Carreiras San Ciprián, pertencente á sección de basket do Club Deportivo San Ciprián, que nestes intres está a xogar a fase de ascenso á Liga Galega.

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, aproveitaron a ocasión para desexarlle moita sorte a este equipo, que este martes volve xogar un partido decisivo na casa fronte ao Peleteiro para lograr ese obxectivo.

Tal e como sinalou Villares “seguimos a investir no mantemento e mellora das nosas instalacións deportivas, para que as persoas que practican deporte no noso municipio o fagan na mellor das condicións”. O compromiso deste Goberno co deporte –engadiu- é firme tal e como patente coa execución de constante labores de mantemento, conservación, substitución e mellora das diferentes instalacións municipais”.

Pola súa banda, Rodríguez explicou que  “ os novos marcadores son sistemas modernos e vangardistas que van contribuír a un mellor desenvolvemento das competicións así como ofrecer unhas instalacións mellor acondicionadas para acoller diferentes eventos deportivos”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa