NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INICIA TRABALLOS PREVENTIVOS DE LIMPEZA NOS LEITOS DOS RÍOS QUE DISCORREN P

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, supervisaron hoxe a retirada de árbores e ramas caídas no Río Xunco ao seu paso por Sargadelos, que levaron adiante os técnicos municipais

O Concello de Cervo, como medida preventiva e ante a chegada deses meses nos que, tradicionalmente, os episodios de chuvia e vento son máis frecuentes, iniciou uns traballos de supervisión dos leitos dos ríos que discorren polo termo municipal, “co obxectivo de detectar árbores, ramas caídas e maleza que poidan obstruír o tránsito da auga, para proceder á súa retirada, e minimizar así os riscos que se poidan presentar”, precisou o rexedor, Alfonso Villares.

Villares deu a coñecer no día de hoxe este protocolo que están a desenvolver os técnicos municipais e, acompañado pola edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, supervisou os traballos de retirada de masa forestal que se levaron a cabo no Río Xunco, ao seu paso por Sargadelos.

O procedemento repetirase no curso de todos os ríos e regos que flúen polo municipio.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa