NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INICIA OS TRÁMITES PARA DECLARAR A CADUCIDADE DA LICENZA DO ESQUELETO DA AT

É o primeiro paso dentro do Plan Especial de Protección do Castro que se redactou e que delimita toda a zona afectada polo xacemento (20.000 m2)

O Concello de Cervo xa iniciou os trámites para declarar a caducidade da licenza ubanística do esqueleto que está ubicado na zona da Atalaia, que lle fora outorgada no seu momento a Promociones San Ciprián S.L; logo de reunir os correspondentes informes dos servizos da policía local e da oficina técnica. Este procedemento é a forma legal que ratifica que as obras iniciadas non poden continuar.

Villares apuntou  que xa demos ese primeiro paso necesario dentro do Plan Especial de Protección do Castro da Atalaia que redactamos cun obxectivo final que non é outro que o de derrubar tanto esta construción, como o edificio de vivendas que leva máis de trinta anos construído e sen habitar que hai ao carón, e poñer en valor o xacemento, inventariado por Patrimonio no ano 2007.

Pola súa banda, o edil de Patrimonio, Alfredo Fernández, recordou que o Plan Especial de Protección delimita toda a zona afectada polo castro, 20.000 m2; e regula a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superfie a preservar; e fíxanse as normas xerais de urbanización e infraestruturas neste ámbito protexido; entre outos aspectos”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa