NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INICIA O PROCEDEMENTO PARA DECLARAR EN RUÍNA ECONÓMICA O EDIFICIO UBICADO N

A apertura deste expediente, cuxo fin é que o inmoble sexa derrubado, fundaméntase en informes policiais e técnicos que verifican o seu mal estado e que conclúen que “o custo das obras de reparación necesarias é superior á metade do valor de reposición da edificación”

Villares: “levamos tempo en contacto cos propietarios á espera de que plantexen solucións, pero os meses pasan e o Concello, basicamente por motivos de seguridade e ornato público,  non  pode agardar máis, por iso urxe dar este paso”.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou hoxe de que o Concello vén de iniciar o procedemento de declaración de ruína económica do edificio ubicado nas inmediacións do Castro da Atalaia, que leva máis de trinta anos construído e deshabitado.

Villares precisou que, con carácter previo ao inicio deste expediente, solicitáronse os informes policiais e técnicos pertinentes que “atestiguan o mal estado desta construción e que conclúen que o custo das obras de reparación necesarias é superior á metade do valor de reposición da edificación”, o que nos dá pé a comezar estes trámites que teñen como finalidade que o inmoble sexa derrubado.

Con estes informes sobre a mesa -engadiu Villares- xa lles comunicamos aos propietarios a apertura do procedemento, e agora teñen un mes de prazo para presentar alegacións.

O rexedor apuntou que levamos tempo en contacto cos donos da edificación, agardando que plantexasen solucións e alternativas, pero vemos que os meses pasan e, basicamente por motivos de seguridade e ornato público dado o estado de abandono da construción, o Concello non pode esperar máis, por iso urxe dar este paso”.

Villares recordou que se están a dar avances importantes para lograr ese obxectivo prioritario do equipo de Goberno, que pasa por demoler tanto esta edificación, como o esqueleto que hai ao seu carón, para poñer en valor o Castro da Atalaia, inventariado por Patrimonio no ano 2007, e que “é un ben cultural e patrimonial dos cervenses”.

Con respecto ao esqueleto no que se planificara no seu día a construción de 42 vivendas, cabe recordar que xa se declarou a caducidade da licenza urbanística que lle fora outorgada no seu momento a a Promociones San Ciprián S.L. Este trámite ratifica que as obras iniciadas non poden continuar ao non existir ningún permiso en vigor que as ampare; a construción, pois, xa non está avalada por ningún título xuridíco-administrativo.

Tamén están iniciados os trámites administrativos para declarar a reposición da legalidade urbanística para recuperar o estado orixinal desta parcela.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa