NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO IMPULSA A CAMPAÑA “COIDA CERVO”; PARA SUBLIÑAR O PAPEL CRUCIAL QUE XOGA A C

 

A iniciativa, cuxo eixo principal é un voluntariado de limpeza e acondicionamento de espazos públicos, terá lugar como mínimo dous días ao mes e está aberta a toda a veciñanza que desexe sumarse

Irase informando das datas, horarios e lugares nos que se actuará a través das redes sociais municipais

A primeira xornada desenvolveuse na contorna do IES Marqués de Sargadelos, do Pavillón da Veiga e da Praia de Portelo

A Administración local encargarase de subministrar as luvas, as bolsas de lixo para facer a reciclaxe selectiva e todo o material necesario para esta campaña “que nos permitirá reflexionar e censurar certos comportamento incívicos que detectamos con frecuencia nas nosas vilas, que prexudican a toda a veciñanza e danan o noso patrimonio natural”

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Medio Ambiente e de Ecoloxía, promove unha campaña de voluntariado de limpeza e acondicionamento de espazos públicos co obxectivo de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna, tal e como explican.

 

A iniciativa bautizada como “Coida Cervo”, que tamén incluirá diferentes accións didáctico-divulgativas, arrincou esta semana cunha primeira toma de contacto para identificar as diferentes zonas nas que se actuará nas vindeiras semanas.

 

A campaña, que terá lugar como mínimo dúas veces ao mes e que naceu para perdurar no tempo, está aberta a toda a veciñanza que desexe sumarse, e irase informando regularmente e con antelación a través das redes sociais municipais das datas, horarios e lugares nos que se irá desenvolvendo; incluíndo parques, rutas de sendeirismo e espazos públicos das zonas rurais e urbanas do Concello de Cervo.

 

A Administración local subministrará todo o material necesario para o desenvolvemento da actividade como luvas e bolsas de lixo para realizar a reciclaxe selectiva dos refugallos recollidos.

 

Esta iniciativa de concienciación ambiental tamén nos permitirá –tal e como subliñan- “reflexionar e mesmo censurar certos comportamentos incívicos que se producen con frecuencia nas nosas vilas que prexudican a toda a veciñanza e son un atentado contra o noso patrimonio natural”.

 

Desde o Concello apuntan que, aínda que cada vez son máis os veciños e veciñas que promoven prácticas individuais respectuosas co medio, a presenza de refugallos no chan, en lugares públicos… é unha imaxe que aínda está moi presente nos nosos pobos e que debería deixar de sernos tan familiar “por iso cremos que esta actividade comunitaria pode ser útil para seguir a incidir sobre a importancia que teñen esas simples accións rutineiras –a reciclaxe no fogar, o depósito do lixo nos colectores correspondentes…- que deben ter un papel relevante no noso día a día”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa