NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ENTREGOU AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O

Dispúxose dunha partida orzamentaria de 8.000 euros e cada escolar recibiu un máximo de 130 euros en función da renda familiar

A delegada de Educación, Dolores García Caramés, entregou estes días, por quendas e seguindo un estrito protocolo de seguridade e hixiene, as axudas para a adquisición de libros e material escolar para as familias do alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) dos dous centros do municipio nos que se imparte este ciclo educativo, o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo -coas que se cubre este tramo educativo, que era o único que non contaba con ningún tipo de axuda pública-.

A edil apuntou que “dispuxemos dunha partida orzamentaria de 8000 euros para estas axudas e cada escolar recibirá un máximo de 130 euros en función da renda familiar”.

Esta liña de axudas vén sumarse a outras que o Concello de Cervo convoca ano tras ano en beneficio das familias e da educación, como poden ser as axudas de transporte, ou as axudas ás ANPAS ou aos centros escolares; que se foron entregando durante o mes de decembro.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa