NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ENSAIRÁ AS BADALADAS DE FIN DE ANO A RITMO DE CALLO FEST

A cita musical-gastronómica será o 29 de decembro nunha carpa instalada na Praza dos Campos

  • As actividades arrincarán ás 19:00 horas para os máis pequenos da casa; e a continuación haberá Concertos, DJ´s, moitas sorpresas; e, por suposto, non faltarán os callos de balde
  • Está prevista a actuación do grupo local The Lazy Bones, e moito rock and roll dan man dos coruñeses Jules&The Wolf, e os riveirenses Crush Band
  •  
  • O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, programou para este Nadal un festival de música alternativa fusionado coa gastronomía galega, que foi bautizado como Callo Fest.

A cita, con entrada libre e que terá lugar nunha carpa instalada na Praza dos Campos de San Ciprián o vindeiro 29 de decembro, foi presentada hoxe polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Dolores García Caramés; e unha representación dos rapaces que colaborarán na organización do evento.

O programa arrincará ás 19:00 horas co Callo Circuíto. Unha carreira cronometrada na que poderán participar os pequenos de ata 12 anos. A inscrición terá lugar ás 18:30 horas, na mesma Praza dos Campos. Haberá premios para os que fagan os mellores tempos, e agasallos para todos os participantes.

A continuación dará comezo o Callo Fest propiamente dito. Ofreceranse racións de pizza a prezos asequibles. A organización agradece, na medida do posible, que se faga o encargo previo enviando un whatsapp ao número 638.02.50.26; para poder ter unha estimación dos pedidos.

No recinto do Festival, na carpa instalada para a ocasión, haberá moitas sorpresas para os asistentes e venda de Merchandising nos diferentes stands; todo elo amenizo polo Dj Nari&Dicarmita. Tamén terá lugar a clausura do programa Xuventude no Nadal, coa entrega de premios aos mellores participantes das actividades.

A partir das 21:15 horas comezarán os Concertos. A banda funky local The Lazy Bones ofrecerá un concerto moi especial. O público asistente terá a oportunidade de escoitar en primicia o seu novo tema Moving On, coa proxección do seu videoclip reivindicativo e inédito no que as Mulleres son as protagonistas.

No mes de xaneiro esta formación creada no 2014 e integrada por Serafín Gómez (guitarra), Iván Laxe (baixo) e Diego García (voz), ten previsto sacar ao mercado o seu primeiro disco editado Todos eles son antigos membros do grupo GLS e contan cun repertorio no que teñen cabida temas propios e versionados cun estilo moi persoal.

O toque de rock and roll será aportado polos coruñeses Jules&The Wolf, e os riveirenses Crush Band.

No Callo Fest non faltará o ensaio das badaladas de fin de ano. E, como non podería ser doutro xeito, o broche de ouro poñerano os callos; xa que se repartirán racións de balde entre o público asistente.

Tal e como apuntou o rexedor, Alfonso Villares, este festival foi concibido como un punto de encontro dos máis novos, pero tamén dos que non o son tanto, porque o que se pretende é gozar dunha xornada de boa música e bo ambiente este Nadal.

Pola súa banda Caramés tamén sinalou que “traballamos para facer do Callo Fest un Festival respectuoso co medio ambiente e por iso, ademais de incrementar o número de colectores de lixo, tamén promovemos a venda de vasos ecolóxicos, que estarán a disposición dos asistentes no recinto”.

Para seguir de preto todas as novidades do Callo Fest, a organización habilitou contas nas diferentes redes sociais. Para máis información: @CalloFest.

Dende o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a gozar deste Festival o día 29 de decembro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa