NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO EMITE UN BANDO NO QUE CONVIDA Á VECIÑANZA A SUMARSE Á CONCENTRACIÓN QUE TER

O rexedor, Alfonso Villares, recordou a vital importancia desta industria para toda a comarca “non só xera 1.100 postos de traballo directos e 700 indirectos  e supón o 32% do PIB da provincia, senón que tamén contribúe enormemente a soster unha gran parte dos servizos dos que hoxe en día nos beneficiamos todos os cidadáns”

 A protesta, que será entre as 20:30 e as 21:00 horas na Praza do Concello, está promovida polo Comité de Empresa de Alcoa

 

O Concello de Cervo vén de emitir un bando municipal no que informa a toda a veciñanza da concentración que terá lugar este vindeiro mércores, entre as 20:30 e 21:00 horas, na Praza do Concello de Xove, animándoa á asistir a esta protesta “co obxectivo de visibilizar a grave situación na que nos atopamos pola inexistencia dun marco enerxético estable que pon en serio risco o emprego e a permanencia da industria do aluminio na nosa zona, que é o principal motor económico e laboral da comarca”, tal e como explicou o rexedor, Alfonso Villares.

Villares incide neste ducumento na vital importancia que ten esta industria para a bisbarra “non só xera 1.100 postos de traballo directos e 700 indirectos, e supón o 32% do PIB da provincia, senón que tamén contribúe enormemente a soster unha gran parte dos servizos dos que hoxe en día nos beneficiamos todos os veciños”, precisa.

Por este motivo é necesario que rememos todos xuntos –engade- e que nos sumemos a estas protestas promovidas polo Comité de Empresa de Alcoa “co único obxectivo de reivindicar o noso, polo ben do noso Concello e polo ben de toda A Mariña”, sentencia.

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa