NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO E AS DIFERENTES COMISIÓNS ACORDAN SUSPENDER AS FESTAS DE VERÁN

 Dadas as circunstancias excepcionais que vivimos polo COVID-19, non haberá Maruxaina, nin Queimada Popular, nin ningunha das festas patronais que se celebran nas diferentes parroquias nos vindeiros meses

O Concello de Cervo anuncia que este verán quedan suspendidas tanto as Festas de Interese Turístico Galego –A Maruxaina e a Queimada Popular-, como as diferentes festas patronais e populares que se celebran nas diferentes parroquias durante a tempada estival (Festa na Honra de San Luis de Figuerido, Festas de San Pedro na Senra, Festas na Honra a Santa Isabel en Lieiro, Festas do Carme de San Ciprián, Festa do Santiago en Sargadelos e a Festa da Nosa Señora e de San Roque de Cervo); que son as que se celebran nestes meses de xuño, xullo e agosto.

A decisión foi acordada pola Administración local e polas diferentes Comisións de Festas “ante a excepcionalidade da situación que vivimos motivada pola crise sanitaria do COVID-19”.

Desde o Concello queren poñer en valor o traballo altruísta que desenvolven os integrantes das diferentes Comisións de Festas para  levar adiante ano tras ano unhas Festas que son un referente en toda a bisbarra e que de seguro que volveremos poder desfrutar todos xuntos máis pronto que tarde.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa