NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO DA UN PASO MÁIS Á HORA DE ACHEGAR O SANEAMENTO A TODA A PARROQUIA DE SAN RO

 

  • O rexedor e a tenente de Alcalde supervisaron as obras que deron comezaron esta semana no núcleo de Santomé
  • Con esta obra dase un paso máis á hora de completar o saneamento na parroquia de San Román de Vilaestrofe

 

O alcalde Alfonso Villares e a tenente de Alcalde Dolores García Caramés, fixeron unha visita á obra que comezou esta semana e que levará o saneamento e renovará a a pavimentación do núcleo de Santomé, na parroquia de San Román de Vilaestrofe.

O presuposto total da obra ascende a 46.728€, que son financiados polo Concello de Cervo na súa totalidade.

Os traballos, que se están a levar a cabo consisten “na creación da rede de saneamento de augas residuais e na renovación do pavimento nos tramos da vía afectados, mellorando as condicións de accesibilidade existentes nestes núcleos”.

Así, crearase unha nova rede de sumidoiros, renovaranse as acometidas domiciliarias, procederase a apertura de gabias e á instalación das correspondentes arquetas e pozos de saneamento e á execución de cunetas de formigón e á reposición, finalmente, do firme asfaltado.

Villares apuntou que se trata dunha obra de gran relevancia para todos os veciños e veciñas destes núcleos, “son obras que que ao mellor non se aprecian á vista de todos e todas, pero que son imprescindibles á hora de mellorar a calidade de vida dos cervenses, neste caso en beneficio daqueles que viven no rural, e para nós é primordial que as inversións cheguen a cada recuncho do noso municipio que o precise”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa