NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CREA UNHA CANCHA DE VOLEI PRAIA NO TORNO

O edil de Deportes, David Rodríguez, estivo supervisando os traballos de instalación da rede e delimitación do campo, e explicou que “o que pretendemos e darlle á veciñanza unha alternativa máis para a práctica deportiva, tendo en conta ademais o interese crecente que hai no noso municipio por esta disciplina deportiva”

  • Durante este curso máis de 70 mozos e mozas estiveron practicando volei no marco das Escolas Deportivas Municipais e a través tamén do C.D. San Ciprián

O Concello de Cervo acaba de crear unha cancha de volei praia no Torno, en San Ciprián, en concreto na zona da ría.

O edil de Deportes, David Rodríguez, estivo supervisando os traballos que, tal e como explicou, consistiron “na instalación dos mastros que quedaron soterrados, no movemento e achandado de area para darlle consistencia e forma á pista empregando a unha pala, na instalación dunha rede profesional de volei praia, e na delimitación da cancha a través de cintas que quedarán instaladas de xeito permanente”.

Tal e como apuntou Rodríguez “a creación deste campo responde ao interese crecente que detectamos en Cervo por este deporte, xa que este último curso máis de 70 mozos e mozas practicaron volei no seo das Escolas Deportivas Municipais e tamén a través do C.D. San Ciprián”.

Con esta nova dotación deportiva –continuou- “dámoslle ademais á veciñanza unha alternativa máis para a práctica da actividade física; aproveitando ademais a partir de agora a chegada do bo tempo e o beneficio que supón practicar deporte ao aire libre”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa