
O CONCELLO DE CERVO CONVOCA O TRADICIONAL CERTAME DE POSTAIS DE NADAL, DIRIXIDO AO ALUMNADO D
O CONCELLO DE CERVO CONVOCA O TRADICIONAL CERTAME DE POSTAIS DE NADAL, DIRIXIDO AO ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA DO MUNICIPIO
- Os traballos terán que presentarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou no Consistorio e o prazo remata o 26 de novembro
- Entre as tres postais finalistas o xurado elixirá unha coa que o Concello felicitará o Nadal a outros organismos e institucións
Cervo, 11 de novembro de 2021.- O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, vén de convocar a XXII edición do concurso de postais de Nadal que está dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.
Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.
Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos. O prazo de recepción remata o 26 de novembro. E o fallo do xurado farase público 29 de novembro.
Caramés apuntou que entre as tres postais finalistas, o xurado elixirá unha que será a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello.