NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A GOZAR DO III FESTIVAL FOLKLÓRICO INFANTIL QUE TERÁ LUGAR EN SAN C

Será a partir das 19:00 horas na Praza dos Campos

  • Contará coa participación de O Feitizo (Foz, Lugo), Garrulaxe (Cecebre, A Coruña), Coros y Danzas Virgen del Socorro (Tíjola, Almería) e o anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro

 

O Concello de Cervo convida a gozar do III Festival Folklórico Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, o sábado 3 de agosto, da man do Grupo Mistura de Liero

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros da asociación e compoñentes da sección infantil.

Na cita, que comezará ás 19:00 horas, participarán O Feitizo (Foz, Lugo), Garrulaxe (Cecebre, A Coruña), Coros y Danzas Virgen del Socorro (Tíjola, Almería) e o anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo “felicitar ao Grupo Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, achegando o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é”.

Pola súa banda Caramés apuntou que agardamos que todo o Pobo participe nesta actividade e asista a ver un espectáculo “que é un intercambio cultural único que nos ofrece a oportunidade de ver en directo o talento de diferentes agrupacións infantís, aos que animamos a desfrutar do noso municipio e de todo canto Cervo pode ofrecer”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa