NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A ASISTIR Á VII FOLIADA E Á FEIRA DE ARTESANÍA ESTE PRÓXIMO SÁBADO

A cita está organizada pola A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, pola agrupación Fol do Raxal e por A Morena, coa colaboración da Administración Local

A feira de artesanía e alimentación abrirá ao público ás 12:00 horas, desde esa mesma hora sucederanse diferentes actuacións de música tradicional; tamén haberá pasabares, diferentes obradoiros e sorteos e un concerto folk á noitiña da man de Tiruleque

Haberá tamén tapeo nos bares de Cervo e Sargadelos, e na propia tasca da Foliada ofrecerán bocadillos, bolos preñados e empanadillas

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir este próximo sábado, 6 de maio, á VII Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación que terá lugar na Praza do Souto, desde as 10:00 horas, cando dará comezo un obradoiro de construción de pandeiretas con Sanín.

A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto con representantes da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento, no que colabora o Concello de Cervo.

Ás 12:00 horas abrirá ao público a Feira de Artesanía e Alimentación e desde esa hora tamén se sucederán diferentes actuación de grupos de música e baile tradicional da contorna; será un pasabares a cargo de A Rebolaxe (San Ciprián), Amado Lar (Valadouro), Arume (Burela) e as Cantareiras de Valdeflores (Viveiro).

Pola tardiña, ás 18:45 horas, será a Foliada coas actuacións de Cordenaia (Cervo), Fol  do Raxal (Cervo),  As Ferriñas (O Vicedo), As Grileiras (Burela), Os xilgaros de Lugo, Os do 21 (O Vicedo) e Ledicia (Burela).

Ás 19:30 horas está prevista a actuación de Tumba e Dálle e, como peche de festa, ás 22:30 horas, terá lugar un concerto folk a cargo de Tiruleque.

Ademais, os bares de Cervo e Sargadelos -A Sacabeira, O Almacén e a Taberna de Sargadelos- ofrecerán tapas elaboradas a 3 euros; tamén a tasca da Foliada ofrecerá bocadillos, bolos preñados e empanadillas.

Esta previsto, como se avanzou, un obradoiro de construción de pandeiretas con Sanín que se prolongará ata as 19:00 horas, un obradoiro de baile con Xabier Espasandín de 17:00 a 18:00 horas, e unha ludoteca de xogos tradicionais con Xogando nas Nubes, en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Desde o Concello de Cervo animan á veciñanza e visitantes a participar nesta festa que reunirá a unha representación importante do talento que hai en Cervo e tamén nas localidades da contorna.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa