NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COMEZOU O REPARTO DO MATERIAL DIDÁCTICO DO TALLER DE MEMORIA A DOMICILIO

Unha trintena de veciños/as xa se uniu a esta iniciativa posta en marcha pola delegación de Servizos Sociais 

Aquelas persoas que desexen participar no obradoiro deben contactar a través do teléfono 615 32 13 86 

O persoal municipal achegará o antes posible a documentación que preparan os técnicos da concellería que dirixe Pilar Armada 

O Concello de Cervo reparte xa casa por casa o material didáctico do taller de memoria a domicilio que puxo en marcha a través da delegación de Servizos Sociais. 

Pilar Armada recorda que esta actividade, que xa conta cunha trintena de participantes e que está dirixida tanto para as persoas usuarias habituais do obradoiro como para a veciñanza en xeral, foi concibida “co obxectivo de achegarlles eses exercicios tan saudables para exercitar a nosa memoria para que os poidan realizar desde a casa. Son actividades –engade- que ademais de axudar a exercitar a nosa mente, consideramos que tamén poden ser unha boa opción para ocupar o noso tempo neste días de confinamento”. 

Aquelas persoas que desexen recibir o material didáctico no seu domicilio deben poñerse en contacto con nós a través do teléfono 615 32 13 86: e no menor tempo posible o persoal municipal achegaralle toda a documentación ao seu domicilio. 

Os técnicos da delegación de Servizos Sociais seguen a traballar na preparación de completos dosieres con exercicios de todo tipo, e estarán dispoñibles no teléfono antes citado para calquera tipo de consulta e para o seguimento das clases a domicilio. 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa