NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COMEZA AS OBRAS DA ÚLTIMA FASE DO SANEAMENTO DO BURGO DE TRASBAR NO QUE SE

Con esta actuación que se desenvolve no núcleo de Cabanelas todas as vivendas do lugar terán acceso a este importante servizo

 

O Concello de Cervo vén de comezar as obras da última fase do saneamento do Burgo de Trasbar no que se investiron máis de 280.000 euros procedentes das arcas municipais, nos últimos catro anos.

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, estiveron supervisando a actuación que se desenvolve no núcleo de Cabanelas, para a que se mobilizaron máis de 40.000 euros “coa que se completa a rede para que todas as vivendas do lugar –unha trintena- teñan acceso a este importante servizo”.

O rexedor precisou que un dos obxectivos prioritarios deste Goberno e acondicionar o noso rural, dotándoo de máis e mellores prestacións e infraestruturas para a veciñanza, para facelo tamén máis atractivo para o asentamento de nova poboación; “porque a calidade dos servizos que se ofrecen poden ser determinantes e marcar a diferencia para que novas familias se decanten por estas zonas para asentarse”.

A depuradora de Trasbar púxose en marcha en febreiro deste ano sumándose ás de Figuerido e A Senra, no rural; ás de San Ciprián  e Cervo, que dan servizo ás zonas máis urbanas do municipio; e tamén á depuradora que está no Polígono de Cuíña, que é unicamente de augas pluviais, que tamén son tratadas.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa