NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COLABORA COA ESCOLA DE ARTES MARCIAIS DA LOCALIDADE COA ADQUISICIÓN DUN TAT

Villares e Soto achegáronse ata o Pavillón do CEIP Península da Paz para saudar ao alumnado que participaba nun curso de Nihon TaiJitsu, e puideron ver a nova superficie   

 

O Concello de Cervo colabora coa Escola de Artes Marciais da localidade coa adquisición dun tatami.

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse ata o Pavillón do CEIP Península da Paz para saudar ás persoas participantes nun curso de Nihon TaiJitsu, impartido por Agustín Martín, 8º Dan e director técnico deste departamento da Real Federación Española de Kárate. Na súa visita tamén aproveitaron para ver a nova superficie xunto co presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo, Miguel Ángel Rojo.

Villares e Soto precisaron que desde o Concello brindamos sempre todo o noso apoio e colaboración ás entidades que, como neste caso e de xeito totalmente altruísta, promoven a actividade deportiva no municipio, e animaron ao club a seguir a organizar actividades como o curso impartido esta fin de semana, “facendo que cada vez máis xente coñeza e teña curiosidade por esta arte marcial”

Ao curso, celebrado o sábado, acudiron  30 personas  de distintos graos, desde branco ata altos cintos como 6º Dan; e de distintas idades, desde os 14 ata os 60 anos, procedentes de Madrid, Castela León, Ourense, Lugo e A Coruña.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa