NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CLAUSUROU UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA ENREDOS DE VERÁN NO QUE PARTICIPARO

A Casa do Mar foi o escenario da Festa Final con xogos de inchables, globos, karaoke, música, bailes, e xogos variados

  • O rexedor, Alfonso Villares, recordou o obxectivo destas actividades “coas que pretendemos axudar ás familias a conciliar nestas datas de lecer dos pequenos”
  •  
  • A edil de Educación, Dolores García Caramés, que dirixiu o programa e que quixo agradecer ás familias, aos nenos, e aos monitores a súa implicación, amosouse “agradecida e satisfeita pola gran acollida deste programa co que ano tras ano superamos cifras de participación”

O Concello de Cervo vén de clausurar unha nova edición do programa Enredos de Verán que se desenvolveu ao longo dos meses de xullo e agosto, no que participaron máis de 200 neno e nenas.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Educación, Dolores García Caramés, e a concelleira de Ecoloxía e Xuventude, Denise Galán, acompañaron aos rapaces na Gran Festa Final que tivo lugar, por grupos de idade, na Casa do Mar de San Ciprián.

Os nenos e nenas gozaron dunha xornada de diversión, con xogos de inchables, globos, talleres de tatuaxes, música e bailes, entre outras actividades.

Os Enredos estiveron dirixidos aos rapaces de entre 3 e 12 anos que puideron desfrutar de actividades ben diferentes como skate, xornadas de medio ambiente, rutas en kaiak, surf, un circuíto de seguridade viaria, xogos tradicionais, piragüismo, xogos de raqueta ou baloncesto, entre outras.

Tal e como subliñou Villares “con esta ampla e diversificada programación tentamos cumprir dous obxectivos, por unha banda facerlle aos nenos o verán máis atractivo e ameno cunha oferta lúdico, deportiva e didáctica variada e completa; como cremos que así foi; ao tempo que lles brindamos ás familias unha ferramenta de conciliación nestes meses estivais”.

Pola súa banda, Caramés, que dirixiu o programa e que quixo agradecer ás familias, aos nenos, e aos monitores a súa implicación, amosouse “agradecida e satisfeita pola gran acollida deste programa co que ano tras ano superamos cifras de participación”.

Coa clausura dos Enredos de Verán remata a axenda de actividades que programou o Concello de Cervo durante este verán: As Noites Alternativas (nas que participaron máis de 800 persoas); Repasando en Verán, Xuventude no Verán, o programa específico Cervo Concilia, e os propios Enredos de Verán.

 

                                                                              

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa