NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CLAUSURA ESTA SEMANA O PROGRAMA AVÍVATE QUE TIVO COMO ACTIVIDADE PRINCIPAL

Participaron 15 rapaces, de entre 18 e 35 anos, durante os meses de xullo e agosto

O programa remata mañá cunha sesión de ioga, impartida por Nuria Torrado, ás 16:00 horas, no Parque Reina Sofía e esta mesma tarde terá lugar un curso de manipulador de alimentos, en horario de 17:00 a 21:00 horas

O Concello de Cervo  clausura esta semana o programa Avívate en Cervo, dirixido á mocidade de entre 18 e 35 anos.

O programa tivo como actividade principal un curso gratuíto de monitor de tempo libre –que rematou hoxe-, pero tamén se complementou con diferentes obradoiros relacionados coa motivación persoal e emprendedora, cun curso de primeiros auxilios, e con outro de manipulador de alimentos, que terá lugar esta mesma tarde.

Ademais, tamén está programada unha xornada de ioga que porá o punto e final ao programa mañá xoves, ás 16:00 horas no Parque Reina Sofía, e que estará impartida por Nuria Torrado.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil Educación, Dolores García Caramés, achegáronse este mediodía ata o auditorio da Casa da Cultura  -un dos escenarios no que se desenvolveron as actividades- para compartir un anaco co alumnado e felicitalos polo traballo desenvolvido a diario durante este mes e medio “dende o Concello de Cervo traballamos para tentar ofrecerlles aos mozos todas as ferramentas que temos na nosa man, para complementar e dirixir a súa formación programando diversas actividades que cremos que constituirán un apoio importante para o seu futuro e desenvolvemento persoal e profesional, nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

O rexedor sinalou que tanto os alumnos como os monitores “trasladáronnos que se cumpriron os obxectivos marcados, e que recibiron a formación necesaria para participar en campamentos, nas diferentes actividades socioculturais que se programen, en obradoiros...; algo que nos satisfai e nos anima a seguir a programar este tipo de cursos tan proveitosos para a nosa mocidade”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa