NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CEDERÁ AS COMPETENCIAS DE TRÁFICO Á GARDA CIVIL

Foi un dos asuntos abordados na Xunta Local de Seguridade celebrada hoxe, que foi copresidida polo rexedor, Alfonso Villares, e pola  subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez

A cesión agárdase que sexa efectiva logo do verán

Villares explicou que a finalidade é que a Policía Local “se centre fundamentalmente nos labores de vixilancia e cumprimento dunha ordenanza medioambiental que estamos a redactar”

O rexedor valorou así mesmo como moi positivo que Cervo sexa un dos concellos da provincia co índice de criminalidade máis baixo “pero non estaremos plenamente satisfeitos mentres haxa un só acto delitivo”

O Concello de Cervo celebrou este mañá a Xunta Local de Seguridade, copresidida polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, na que tamén estiveron presentes a edil de Policía Local, Mali Méndez, responsables de seguridade do Concello, representantes da Garda Civil, do Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica  e a Policía Local.

O alcalde valorou como moi positivo que Cervo sexa un dos concellos da provincia co índice de criminalidade máis baixo “un dato que imos mellorando ano tras ano e que nos convida a pensar que as cousas estanse a facer ben”. Estas cifras evidencian que Cervo é un municipio seguro –engadiu- “pero non nos conformamos ata chegar ao 0; non estaremos plenamente satisfeitos mentras haxa un só acto delitivo no noso concello”

Un dos asuntos de interese que se abordou nesta Xunta Local foi a cesión das competencias de tráfico á Garda Civil. Así, Villares explicou que “lle demos traslado deste tema á subdelegada co obxectivo de ceder as sancións por infraccións de normas de circulación cometidas en vías urbanas á Garda Civil, cesión que será efectiva ao remate do verán”.

Villares precisou que este traspaso de competencias responde fundamentalmente a que cremos que é importante que “a Policía Local se centre nos labores de vixilancia e de cumprimento dunha ordenanza medioambiental que estamos a redactar”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa