
« Atrás
O CONCELLO DE CERVO ANIMA Á VECIÑANZA E AOS VISITANTES A PARTICIPAR NO MAGOSTO DE A REBOLAXE, E
A cita será a partir das 19:00 horas na Casa do Mar
- Haberá castañas, bocadillos, touciño, música, karaoke, sorteos, e un espectáculo para os máis pequenos da casa
O alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e varios membros da asociación A Rebolaxe, presentaron o Magosto que terá lugar este próximo sábado, 9 de novembro, a partir das 19:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián.
A cita está organizada por este colectivo coa colaboración do Concello de Cervo, que anima a veciños e visitantes a participar na actividade na que haberá castañas, bocadillos, touciño, salchichas, música, karaoke e sorteos.
Xa ás 20:00 horas está prevista a actuación de Pakolas co seu espectáculo infantil “As parábolas de Pakolas”, como colaboración especial do Concello de Cervo para este evento.