NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ANIMA Á VECIÑANZA A PARTICIPAR NAS CLASES DE BAILE DE SALÓN QUE PROMOVE A A

As persoas interesadas poden anotarse ou informarse nos teléfonos 648.033.250 e 620.817.300

  • O vindeiro xoves, 12 de setembro, haberá unha reunión ás 21:00 horas na Casa da Cultura para concretar horarios e a organización de grupos

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en Cervo e en San Ciprián.

A actividade foi presentada pola edil de Cultura, Dolores García Caramés o  presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, José Villarino.

As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250 ou 620.817.300.

O vindeiro xoves, 12 de setembro, está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.

As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá; e o prezo mensual está fixado en 20 euros por persoa.

O pasado ano foron 16 as parellas que asistiron ao curso.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa