NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ANIMA A PARTICIPAR NO TORNEO DE PÁDEL QUE TERÁ LUGAR NAS PISTAS DA VEIGA EN

A cita deportiva está organizada pola Administración local e o C.D. San Ciprián, coa colaboración de Francisco García, veciño afeccionado a este deporte

O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de setembro e as persoas interesadas deben facelo a través do teléfono 639 05 40 15

Haberá categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta

O Concello de Cervo e o C.D. San Ciprián, coa colaboración do noso veciño e afeccionado ao pádel, Francisco García, organizan o I Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga do 21 ao 25 de setembro, ambos incluídos.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 16 de setembro no teléfono 639 05 40 15.

Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 15 euros nunha categoría e de 25 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo e haberá cadro de consolación en todas as categorías.

O torneo, tal e como explican desde o Concello, tamén servirá de escaparate para dar a coñecer as nosas instalacións a aqueles deportistas que aínda non fixeran uso das pistas municipais recentemente reformadas “co que conseguimos mellorar substancialmente as condicións de xogo, xa que a actuación consistiu  en cubrir a pista que carecía de protección; e pecháronse as dúas lateralmente a partir dunha altura de 2,45 metros, podendo utilizar as instalacións sexa cal sexa a situación meteorolóxica”.´

Ademais desde o pasado verán, tamén demos un salto de calidade  ás nosas instalacións, ao dixitalizar o proceso de reservas das pistas, a través da páxina https://reservas.concellodecervo.com/ “o que simplifica e axiliza o procedemento.

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa