NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ANIMA A PARTICIPAR NA CARREIRA POPULAR PENÍNSULA DA PAZ QUE TERÁ LUGAR O 4

A cita deportiva, aberta a todos os públicos, está organizada pola Administración local e o C.D. San Ciprián

Haberá modidade menores (en diferentes categorías) e absoluta e a inscrición estará aberta ata o 30 de agosto en championchipnorte.com

A proba absoluta, cun percorrido de 5.500 metros, partirá ás 12:00 horas da pista de atletismo da Veiga

Os primeiros 150 inscritos recibirán de regalo unha camiseta técnica da proba

O Concello de Cervo e o C.D. San Ciprián organizan a !ª Carreira Popular Península da Paz que terá lugar o domingo 4 de setembro en San Ciprián, coa colaboración da Xunta de Galicia.

A cita deportiva foi presentada na pista de atletismo da Veiga –de onde partirá a carreira- polo rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes e a concelleira de Cultura, David Rodríguez e Dolores García Caramés, respectivamente, polo xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero, e en representación do C.D. San Ciprián, por Olga Vicente, que dirixe a sección de atletismo do club, e pola directiva Cristina Barreira.

A proba de menores, en diferentes categorías, e cun percorrido adaptado ás idades dos pequenos/as será ás 11:00 horas e desenvolverase integramente na pista de atletismo. Pola súa banda, a proba absoluta partirá ás 12:00 horas da mesma pista e discorrerá por todo o perímetro costeiro de San Ciprián cun percorrido de 5500 metros. https://racemapp.com/.../763-carreira-peninsula-da-paz...

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 30 de agosto na páxina championchipnorte.com.

Haberá trofeos e medallas para todas as categorías, e os primeiros 150 corredores que se inscriban recibirán como agasallo unha camiseta técnica da proba.

Villares destacou o atractivo do percorrido, xa que os corredores poderán desfrutar da costa de San Ciprián ao tempo que practican deporte, e animou a veciños e visitantes a participar nesta primeira edición “cun trazado sinxelo adaptado a todos os públicos”.

O rexedor apuntou que en cuestións de días darán comezo as obras de remodelación do complexo que nos permitirán contar en Cervo coa primeira pista de atletismo homologada da Mariña grazas a un convenio de colaboración subscrito coa Xunta de Galicia, e que suporá dun investimento total de 560.000 euros.

Esta carreira popular –engadiu- tamén é unha oportunidade para promover a práctica deste deporte no noso Concello e tamén para dar a coñecer as nosas instalacións aos atletas participantes, que poderán ver en primeira persoa o potencial desta infraestrutura que, desde que estea rematada a obra, será un escenario excepcional para a práctica do atletismo.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa