NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO AMPLÍA A SUPERFICIE DO MERCADO SEMANAL DE SAN CIPRIÁN PARA GARANTIR A SEGUR

As dúas últimas semanas, antes de entrar na fase 2 da desescalada, tan só estivo permitida a instalación dos establecementos da rama agroalimentaria

Para garantir as medidas de distanciamento e de seguridade establecidas, o mercado estenderase pola Praza dos Campos e pola Rúa do Torno

As persoas usuarias disporán de solución hidroalcohólica de uso obrigatorio

O Concello de Cervo recupera este xoves o mercado semanal de San Ciprián ao completo, autorizando a instalación de todos os postos habituais, uns corenta en total.

A feira xa se celebrou de xeito incompleto, e dadas as circunstancias excepcionais, os días 14 e 21, coa presenza tan só dos postos da rama agroalimentaria.

No día de hoxe, e xa na fase 2 da desescalada, desde o Concello contactaron con todos os comerciantes dos sectores non alimentarios para informalos da recuperación integral do mercado e das medidas que se tomaron para salvagardar a seguridade. De tal xeito que, de xeito provisional, e para garantir as medidas de distanciamento fixadas, procedeuse a ampliar a superficie do mesmo, que abranguerá a Praza dos Campos e a Rúa do Torno; e reestruturáronse os espazos prefixados, para dar cumprimento á normativa vixente.

Nos accesos, o Concello facilitará solución hidroalcohólica de uso obrigatorio e recomenda ás persoas usuarias permanecer no mercado o tempo estritamente necesario para realizar as compras, sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros; e recordan que son os propios vendedores os que teñen que manipular os produtos, en ningún caso os consumidores.

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa