NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ALBERGARÁ A ÚNICA PLANTA PÚBLICA DE BIORRESIDUOS DA PROVINCIA

A instalación, que dará servizo a 15 concellos e cuxa superficie será de 3.500 m2, estará instalada no Polígono Industrial de Cuíña

Na presentación da infraestutura participaron este mediodía o rexedor, Alfonso Villares, a  Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, o Presidente de Sogama, Javier Domínguez, o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, e varios membros do equipo de goberno cervense

Villares quixo agradecerlle á Xunta de Galicia que apostase por Cervo, como epicentro da Mariña, para a construción desta nova infraestrutura  “que supón tamén un reto para as Administracións locais que teñen que saber transmitir á cidadanía o importante papel que xogan á hora de frear o cambio climático con pequenos xestos do día a día como a xestión dos residuos que se xeran nos fogares”

O proceso de compostaxe levarase a cabo en naves pechadas e será 100% sustentable e respectuoso co medio; xa que a instalación se nutrirá de enerxías verdes renovables

O Concello de Cervo albergará a única planta pública de compostaxe a partir de biorresiduos domésticos da provincia de Lugo.

A instalación, que estará situada nunha parcela do Polígono Industrial de Cuíña, terá unha superficie de 3.500 m2, dará servizo a 15 Concellos e xerará entre 8 e 10 postos de traballo directos.

Na presentación da Infraestrutura, que suporá un investimento de 5,5 millóns de euros e cuxo proxecto básico vén de saír a licitación, participaron este mediodía o rexedor, Alfonso Villares, a Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, o Presidente de Sogama, Javier Domínguez, o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, e varios membros do equipo de goberno cervense.

Na súa intervención Villares quixo agradecer especialmente á Xunta de Galicia “por escoller o noso municipio, no epicentro da Mariña, para situar esta nave que dará servizo a 70.000 persoas; e que vai en consonancia coas directrices que nos marca Europa co horizonte posto 2023 como data para lograr esa transformación na xestión dos nosos residuos en consonancia co medio”. En Cervo –engadiu- levamos máis dunha década con políticas medioambientais que van na liña de tentar contribuír a frear o cambio climático coa campaña de compostaxe doméstica que temos en marcha na que xa participan más de 200 familias, coa xestión pública dos residuos ou coa plantación de árbores autóctonas nas fincas municipais, entre outras medidas, “polo que a situación desta planta en Cervo cobra aínda máis significado para nós; é unha satisfacción e un impulso para seguir a traballar neste camiño”.

Como Administración local temos tamén por diante agora un reto crucial –precisou- que é o de saber transmitir á cidadanía a importancia que ten cada pequeno xesto que podemos facer desde o noso fogar, “esa concienciación individual será clave para o éxito desta infraestrutura que hoxe presentamos e que será unha realidade en pouco tempo, previsiblemente, a mediados de 2022”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa