NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO AGRADECE A COLOBORACIÓN DAS PERSOAS VOLUNTARIAS QUE AXUDAN NO DESENVOLVEMEN

 

A asociación Ariños do Xunco colabora activamente na organización de todos os eventos programados en Cervo para os meses de xullo e agosto

Máis de 10mozos/as, de entre 16 e 30 anos inscritos no programa Cervo a carón do voluntariado IV forman parte do equipo de traballo dos programas Cervo Concilia, Enredando no Verán e das Noites Alternativas


O Concello de Cervo quere ter un especial agradecemento con todas as persoas que dun xeito voluntario "están a botar unha man no desenvolvemento da programación deseñada para estes meses de verán".

Deste xeito, queren agradecer moi especialmente a colaboración prestada polos integrantes da asociación Airiños do Xunco, cuxo apoio é fundamental para o desenvolvemento de todas as iniciativas culturais e deportivas previstas nestes meses de xullo e agosto en Cervo, "que están a ter unha gran acollida e resposta do público".

Ademais, máis de dez mozos e mozas reforzan o equipo de traballo dos programas Enredando no Verán, Cervo Concilia e das Noites Alternativas, que inclúen deporte, rutas de sendeirismo, actuación musicais, maxia ou cine na rúa, entre outras moitas iniciativas.

Estes rapaces están inscritos no programa "Cervo ao Carón do Voluntariado", que vai xa pola súa cuarta edición, e que está dirixido á mocidade de entre 16 e 30 anos co obxectivo de poñer en práctica a implicación solidaria e o compromiso activo da comunidade moza coa sociedade a través do desenvolvemento cultural e social". O programa prolongarase ata o 1 de outubro, coa participación activa no desenvolvemento de novas actividades que se programarán de cara aos vindeiros meses.

Nestes tempos de pandemia, a colaboración destas persoas voluntarias agradécese máis se cabe, "dado que cada evento está organizado baixo uns estritos protocolos de seguridade e cun rigoroso control de aforo e das medidas de prevención, que nos permiten poder seguir gozando do verán e da cultura en Cervo, con todas as precaucións e con responsabilidade".

Nas fotos, o rexedor, Alfonso Villares, os edís de Cultura e Deportes, Dolores García Caramés, e David Rodríguez, respectivamente, Rafa Blas, Carlos Sanz e Sandra Duarte, en representación de Airiños do Xunco, e varios dos rapaces do programa "Cervo ao Carón do Voluntariado": Dael, Bea, Mónica, Bruno, Dani, Dani, Isai, Marco, Irfan , Hugo e Janice.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa