NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ADQUIRIU DOUS MILLEIROS DE MÁSCARAS HIXIÉNICAS QUE ENTREGOU NOS CENTROS ESC

Na partida incluíron a maiores 100 cubrebocas máis por centro procedentes da remesa recibida do Ministerio de Sanidade

O Concello de Cervo adquiriu dous milleiros de máscaras hixiénicas –de tamaño infantil e estándar- que a edil de Educación, Dolores García Caramés, e a responsable de Sanidade, Mali Méndez, entregaron á dirección dos tres centros escolares do municipio: o CEIP de Cervo, o CEIP Península da Paz, e o IES Marqués de Sargadelos.

Nesta partida incluíron a maiores, tal e como explican, 100 cubrebocas máis por centro, do material recibido do Ministerio de Sanidade, a través da Deputación Provincial.

Tal e como explican, “será a dirección do centro, que ten un perfecto coñecemento da realidade e das necesidades e particularidades da comunidade escolar, quen determine en cada caso o modo de proceder á hora de distribuír o material de prevención”.

O Concello de Cervo destinou as 800 máscaras hixiénicas restantes recibidas do Ministerio, ao persoal de Servizos Sociais ou de Emerxencias, que están en contacto directo coas persoas máis vulnerables ante esta pandemia.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa