NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ACONDIONA AS ANTIGAS CARBOEIRAS DE SARGADELOS COMO ESPAZO MULTIDISCIPLINAR

 

O CONCELLO DE CERVO ACONDIONA AS ANTIGAS CARBOEIRAS DE SARGADELOS COMO ESPAZO MULTIDISCIPLINAR

Con esta actuación o que se pretende é dotar de versatilidade este espazo situado nun lugar privilexiado como é o Conxunto Histórico Artístico

A obra, que supón un investimento de 126.000 euros, lévase a cabo grazas a un convenio de colaboración entre a administración local, Terras de Miranda e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER),  que subvencionan o 90% do importe

 

O Concello de Cervo acondiciona o edificio das Antigas Carboeiras do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos para dotalo dunha maior versatilidade.

O rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o responsable de Deportes e a delegada de Medio Ambiente, David Rodríguez e Mali Méndez, respectivamente, estiveron supervisando a actuación que se está a levar a cabo estes días no complexo, e que supón un investimento que supera os 126.000 euros, subvencionados ao 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e por Terras de Miranda.

Tal e como explicou Villares, “o obxectivo que perseguimos con esta obra é mellorar este espazo que pola súa situación en pleno Conxunto Histórico Artístico, e logo desta actuación, será unha infraestrutura que ofrecerá un sen fin de posibilidades, polas súas características”.

O proxecto contempla –engadiu- o saneamento interior e exterior dos muros perimetrais da edificación, o saneamento interior das fachadas, a reparación da cuberta e a colocación de canlóns. O interior acondicionarase pensando no aproveitamento óptimo das instalacións para conseguir un espazo adecuado para múltiples fins.

O rexedor puxo en valor esta nova obra “que vén complementar a actuación integral que se levou a cabo nos diferentes edificios do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, como foi a restauración da antiga Nave de Función e das Antigas Cabalerizas, hoxe convertidas nun centro de emprendemento cuxa ocupación está ao 100%”.

Somos conscientes -precisou- que Sargadelos é un enclave fundamental no noso municipio, cuxo nome transcende fronteiras, por iso, constantemente, estamos a investir diñeiro público para a súa posta en valor.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa