NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ACONDICIONA ESPAZOS PÚBLICOS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE PARA AS PERSOAS

Neste intre estase a actuar en dúas rúas da urbanización de Río Cobo, ampliando a anchura dos banzos para facilitar a colocación de aparellos salvaescaleiras para acceder ás vivendas

A obra supón un investimento de preto de 12.000 euros, procedentes de fondos municipais

O Concello de Cervo segue a traballar na mellora da accesibilidade dos espazos públicos.

Neste intre, estase a actuar en dúas rúas da urbanización de Río Cobo para favorecer o acceso ás vivendas.

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, estiveron supervisando a obra, acompañados polo pedáneo da zona, Antonio Gallego, e por algúns dos veciños afectados.

Villares explicou que, en concreto, “estes traballos consisten na ampliación das escaleiras que eran a única forma de acceso a dous grupos de vivendas de Río Cobo, e que estaban limitadas ao ancho por unhas xardineiras que estamos demolendo para gañar amplitude e favorecer a colocación de aparellos salvaescadas que poidan resultar necesarios para as persoas con problemas de mobilidade”.

O rexedor precisou que “estes traballos responden a unha liña de traballo que temos marcada desde o Concello encamiñada a facer que as nosas nosas rúas e espacizos públicos sexan cada vez máis humanizados e accesibles para a veciñanza”.

Estas actuacións súmanse ás que xa se levaron a cabo no núcleo de San Ciprián, tamén en diferentes zonas de Cervo e faranse extesibles, pouco pouco, ás diferentes zonas do municipio.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa