NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ACOLLE A PRETEMPORADA DO CLUB NATACIÓN PORTAMIÑÁ

 

  • O club lucense elixiu o Concello de Cervo polas facilidades que se lle deron para o acceso ás súas instalacións, que contan con unha piscina olímpica

 

  • Máis de 60 rapazas e rapaces participan nesta pretemporada, que ten a súa base en San Ciprián

 

 

Cervo, 04 de setembro de 2021.- O Concello de Cervo  acolle durante esta semana a pretemporada do Club Natación Portamiñá de Lugo.

O club de natación lucense, que conta con máis de 60 nadadores e nadadoras, escolleu o Concello de Cervo polas facilidades que desde a administración se lle deron para o acceso ás súas instalacións, nas que se destaca a piscina de Lieiro, a única de dimensións olímpicas de toda a provincia de Lugo.

Ao longo de esta semana están a gozar das actividades e instalacións da zona co obxectivo de ter unha boa posta a punto para o inicio da súa tempada de competicións.

Para o alcalde Alfonso Villares “é un luxo poder contar con este tipo de instalacións, posto que non é sinxelo que un concello coma o noso se atope nas condicións para albergar unha piscina olímpica. Por este motivo, desde o Concello de Cervo apostamos por dinamizar este complexo a través de diferentes iniciativas”. O rexedor engade tamén que “a piscina municipal xestiónase de forma directa, algo que segue as liñas do noso goberno, xa que tentamos que o maior número de servizos posibles sexan de xestión pública”.

Para o concelleiro de deportes, David Rodríguez, que “é un orgullo que clubs da talla do Club Natación Portamiñá se interesen polas nosas instalacións” e engade que “para nós é unha prioridade darlle vida á nosa piscina e fomentar o uso da nosas instalacións a través da organización de diferentes competicións, os nosos cursos de natación, bautismos de mergullo...” Agrega tamén que “é importante subliñar os esforzos que se fan desde o concello para que iniciativas como esta saian adiante, e máis tendo en conta a situación actual de pandemia coa que convivimos”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa