NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ABRE O PERÍODO DE SOLICITUDE OU RENOVACIÓN DE PRAZA DA ESCOLA INFANTIL MUNI

As inscricións deben formalizase no Rexistro Xeral do Concello antes do 19 de agosto

 

O Concello de Cervo abre mañá mércores, 29 de xullo, o prazo de presentación de solicitudes de renovación de praza e novo ingreso da Escola Infantil municipal, sita no edificio da Casa do Mar, en San Ciprián.

As familias interesadas teñen ata o 19 de agosto para formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello en horario de oficina. Os impresos estarán tamén dispoñibles na Casa da Cultura e na Casa do Concello.

A edil de Educación, Dolores García Caramés, recorda que o centro conta na actualidade con 54 prazas, logo da ampliación realizada recentemente; e precisa que desde este departamento en coordinación co cadro de persoal “estamos xa a traballar nos protocolos de prevención do COVID-19 que se aplicarán no vindeiro curso para garantir a seguridade dos nenos e das nenas e do persoal docente; e apunta que as familias serán informadas puntualmente dos procedementos a seguir e das medidas a tomar.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa