NOVAS NOVAS
« Atrás

O CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIÁN SUMA UNHA SECCIÓN DE ATLETISMO ABERTA A TODAS AS IDADES

O proxecto partiu da atleta local Olga Vicente, que se encargará de adestrar tanto ás crianzas como ás persoas adultas que desexen competir neste deporte

As persoas interesadas poden informarse e/ou anotarse no teléfono 625 16 13 97

Desde o Concello de Cervo aplauden a iniciativa que vén  completar a oferta deportiva do municipio e que “contribuirá a encher de vida as instalacións que temos dispoñibles no Complexo Deportivo da Veiga”

Xa se estableceron contactos coa Federación Galega de Atletismo que nestes intres está a valorar as necesidades que presentan as pistas municipais para adecualas á competición e tentar facer de Cervo un punto de referencia deste deporte na comarca

O Concello de Cervo acaba de ser testemuña do nacemento dunha nova Escola de Atletismo, que estará integrada no Club Deportivo San Ciprián.

A iniciativa foi presentada nas pistas de atletismo do Complexo Deportivo da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente do Club Eduardo Rubal,  e pola atleta local, Olga Vicente, que capitaneará o proxecto, encargándose do adestramento tanto das crianzas como das persoas adultas que desexen sumarse; sen límite de idade.

As persoas interesadas poden informarse e anotarse no teléfono 625 16 13 97.

Desde o Concello de Cervo aplauden a iniciativa “que ben completar a oferta deportiva do municipio e que contribuirá tamén a encher de vida e a dinamizar as instalacións que temos dispoñibles no Complexo Deportivo da Veiga”; cunha pista de atletismo que conta con 6 rúas cunha lonxitude de 400 metros.

 

Desde a Federación Galega de Atletismo amosaron xa moito interese polo proxecto. De feito, días a atrás, o seu Vicepresidente, Suso Vázquez, desprazouse ata San Ciprián onde mantivo un encontro co concelleiro de Deportes, David Rodríguez, e con Olga Vicente, no que puxo en valor a creación desta nova sección de atletismo “un paso moi importante para este deporte na Mariña”, e destacou o papel de Vicente “como atleta con experiencia a nivel nacional que aportará, sen dúbida, un valor diferencial, ao proxecto”, precisou.

 

Villares e Rodríguez desexáronlle a Olga Vicente e ao Club Deportivo San Ciprián moitos éxitos con esta nova iniciativa que “complementa o tremendo labor que vén desenvolvendo este Club no noso municipio apostando polo fútbol, o baloncesto, o piragüismo, o tenis de mesa, o billar, e agora o atletismo, “desde o Concello comprometemos todo o noso apoio para contribuír a impulsar este novo proxecto, que sabemos que xa está a espertar moito interese entre a nosa veciñanza”, subliñaron.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa