NOVAS NOVAS
« Atrás

O CAMPUS DE BALONCESTO ENTRENOS REGRESA A SAN CIPRIÁN DO 26 DE XUÑO AO 2 DE XULLO

O evento está organizado pola asociación deportiva e cultural EntreNos coa colaboración do Concello de Cervo, que pon á súa disposición todas as instalacións necesarias para contribuír a que sexa unha experiencia única para a mocidade participante

O Concello de Cervo volverá acoller o campus de baloncesto EntreNos, entre o 26 de xuño e o 2 de xullo.

O pavillón da Veiga, que é o escenario no que se desenvolverá a actividade deportiva, acolleu a presentación da IV edición, da man do rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e o director e o responsable de comunicación do campus, Nacho Mota e Pablo Ojea, respectivamente.

O Campus, en réxime interno, está dirixido ás crianzas nadas entre o ano 2005 e o 2010 (ambos incluídos).

O equipo técnico estará formado por Cristino Menor, Nacho Mota, Zaida Iglesias , Juanma López , Merche, Javier Cal, Gonzalo Faya e Juan Carlos Paz.

Os integrantes do Campus EntreNos recibirán cada día unha masterclass a cargo de recoñecidos profesionais do basket, que impartirán unha sesión de táctica en equipo que logo se poñerá a proba na tarde de competición.

O rexedor, Alfonso Villares, aplaudiu o “enorme esforzo realizado polos integrantes da asociación deportiva e cultural EntreNós, que organiza o evento, para sacar adiante esta nova edición nun contexto post-pandemia no que existe unha gran oferta lúdica-deportiva para a mocidade concentrada nos meses de verán”. Polo que ten moito mérito –engadiu- “conseguir congregar a medio cento de nenos e nenas, grazas á paixón polo basket que conseguen contaxiar tanto o corpo técnico como os integrantes da asociación. De feito –subliñou- máis da metade dos participantes inscritos repiten experiencia “o que demostra o gran nivel do Campus”.

Desde o Concello, tal e como precisou pola súa banda o edil de Deportes “poñemos á súa disposición todas as instalacións municipais e o apoio loxístico necesario para contribuír a que o campus EntreNos volva ser unha experiencia única para a mocidade participante”.

O campus, loxicamente, xirará en torno ao baloncesto, pero tamén se programarán actividades complementarias para que os participantes poidan coñecer as múltiples posibilidades que ofrece o Concello de Cervo, tanto desde o punto de vista cultural como deportivo; programando diferentes saídas que enriquecerán aínda máis a experiencia. 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa