NOVAS NOVAS
« Atrás

O ALCALDE DE CERVO, ALFONSO VILLARES, RECIBE A ÁNGEL MANUEL HERNÁNDEZ, POLICÍA FERIDO NOS DISTU

 

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recibiron este mediodía no Concello a Ángel Manuel Hernández, o policía de Cervo que resultou ferido nos disturbios de Barcelona, o pasado 18 de outubro; e que agora se recupera na casa familiar en Ríocobo.

No encontro, no que estivo acompañado polo seu pai, Ángel, recordaron o seu pasado como traballador deste Concello -no GRUMIR e como socorrista-; e como mostra de cariño, entregáronlle un prato de cerámica de Sargadelos.

Tal e como precisou Villares "alegrounos ver que Ángel Manuel estase recuperando pouco a pouco desas feridas que sufriu no brazo e da posterior intervención cirúrxica pola que tivo que pasar, e que mellor sitio para facelo que rodeado dos seus, na casa".

O rexedor quixo amosarlle o seu agradecemento extensible, a todas as forzas e corpos de seguridade, pola solidariedade amosada e por velar sempre pola convivencia pacífica entre todos os cidadáns.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa