NOVAS NOVAS
« Atrás

O ALCALDE DE CERVO, ALFONSO VILLARES, PRESIDIRÁ A COMISIÓN DE INTEGRACIÓN E COHESIÓN SOCIAL DA

Esta área ten como principal obxectivo a posta en común dos principios de actuación e dos modelos de xestión na materia de inmigración dos concellos

 Este nomeamento permitirá incrementar a visibilidade do municipio, que xogará un papel relevante dentro do conxunto das Entidades Locais

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, vén de ser nomeado presidente da Comisión de Integración e Cohesión Social da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).

O rexedor, que participou hoxe en Madrid nunha reunión do coordinación, explicou que esta área ten como principal obxectivo a posta en común dos modelos de xestión en materia de inmigración dos diferentes concellos.

A actividade que desenvolveremos –engadiu- “está orientada a xerar espazos de reflexión e encontros que impulsen e favorezan o intercambio de experiencias que faciliten a inclusión social, preveñan situacións de risco e promovan a convivencia cidadá na contorna local”.

Villares precisou que este nomeamento é moi positivo porque “incrementará o peso e a visibilidade de Cervo dentro do conxunto das entidades locais, xa que xogará un papel relevante dentro desta Federación que aglutina a todos os concellos de España”

O alcalde quixo agradecer especialmente o apoio do Partido Popular que  “propuxo unha vez máis a Cervo para encabezar unha Comisión da FEMP, xa que a anterior lexislatura presidimos a Comisión de Medio Ambiente”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa