NOVAS NOVAS
« Atrás

O 23 DE OUTUBRO ARRINCARÁ O XXIV CAMPIONATO DE TUTE CONCELLO DE CERVO

Poderán participar asociacións, clubs, bares..., do municipio, formando equipos de catro parellas

  • As inscricións deberán formalizarse antes do 17 de outubro na Casa da Cultura, no Concello, ou a través do teléfono 686.970.388
  • Ese mesmo día, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura, haberá unha reunión para planificar o calendario
  •  
  • Realizarase un sistema de liga con enfrontamentos de ida e volta
  •  
  • O 23 de outubro arrinca o XXIV Campionato de Tute Concello de Cervo.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto e por Félix Fernández, quen colabora desinteresadamente e que leva ao fronte do campionato dende os seus inicios.

A cita, xa máis que consolidada adoita reunir a un centenar de xogadores..

Tal e como apuntaron as partidas xogaranse nos diferentes locais hostaleiros e sedes de clubs, asociacións., etc, do Concello que desexen participar, formando equipos de catro parellas.

As partidas ou enfrontamentos realizaranse por sistema de liga, é dicir todos contra todos, a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os equipos participantes.

As inscricións deberán formalizarse antes do 17 de outubro na Casa da Cultura, no Concello, ou a través do teléfono 686.970.388; ese mesmo día, ás 19:00 horas haberá unha reunión na Casa da Cultura á que están convocadas as persoas e entidades interesadas en participar na que se elaborará o calendario de enfrontamentos.

 

 

           

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa