NOVAS NOVAS
« Atrás

Modificación do Regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal de Cervo,

 

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de modificación do Regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal de Cervo, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:

 

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.

b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.

c) Os obxectivos da norma.

d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

 

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de 15 días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa

Por criterios educativos, mellorar a estancia do neno e nena na Escola

Necesidade e Oportunidade da súa aprobación

Establecer un período de vacacións dun mes enteiro en cada curso escolar así como modificar o procedemento para a admisión de solicitudes presentadas fóra de prazo

Obxectivos da norma

Clarificar o período dun mes de vacacións dentro do período de setembro a agosto do curso escolar.

A admisión de solicitudes presentadas fóra de prazo ata o último día do mes de maio e o procedemento excepcional para a tramitación de solicitudes presentadas en calquera período.

Posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias

Resulta necesario aprobar unha modificación do Regulamento nos artigos 9º e 14º

 

 

O alcalde,

Alfonso Villares Bermúdez

 

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa