NOVAS NOVAS
« Atrás

CERVO XA SE PREPARA PARA A XLI QUEIMADA POPULAR DO VINDEIRO SÁBADO, 17 DE AGOSTO

Ás 23:45 horas será a representación e a continuación actuarán os grupos Sintrom Ni Son, A Compañía do Ruído, The Tetas´ Van e Malditos Pendejos

  • A Festa está Declarada de Interese Turístico Galego

A parroquia de Cervo xa se prepara para acoller, o vindeiro sábado 17 de agosto, a XLI Queimada Popular.

A cita foi presentada na Praza do Souto polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e os representantes da Asociación Airiños do Xunco, Rafa Blas e Carlos Sanz.

Os actos arricarán ás 10:00 horas, coa apertura do XXIII Mercado Tradicional. Ás 12:00 horas será o paseo de “autoridades” acompañadas do grupo de gaitas Medio Quinhón.

Ás13:00 horas será a lectura do pregón por parte das “autoridades”.

Entre as 12:00 e as 16:00 horas, poderase mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.

Xa pola noite, ás 23:00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as Escolas Vellas ata a Praza dos Souto. E ás 23:45 horas será a agardada Representación. A continuación o toque musical correrá a cargo de Sintrom ni Son, A Compañía do Ruído, The Tetas´ Van e Malditos Pendejos.

Ao longo da xornada haberá diferentes actuacións de grupos de música tradicional.

A Queimada Popular está organizada pola Asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convidan a veciños e visitantes a desfrutar desta xornada máxica na vila.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa