NOVAS NOVAS
« Atrás

CERVO CELEBRARÁ ESTA FIN DE SEMANA A FESTA NA HONRA DA VIRXE DAS DOLORES

O sábado 24 haberá sesión vermú a cargo de Louband Street Band, que repetirá á noite na verbena e a continuación estará a disco móbil Conxuro

O domingo 25 ás 13:00 horas será a misa solemne seguida de procesión e de sesión vermú a cargo de Fol do Raxal e disco móbil Conxuro

A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e o membro da Comisión de Festas, Juan José Pardo, presentaron o evento este mediodía na Praza do Souto.

A cita comezará o sábado 24 coa sesión vermú a cargo de Louband Street Band, que repetirá na verbena pola noite seguida da disco móbil Conxuro.

Xa o domingo 25 haberá misa solemne ás 13:00 horas e a continuación terá lugar a procesión, seguida da sesión vermú que protagonizará Fol do Raxal. Repitirá a Disco Móbil Conxuro.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa