NOVAS NOVAS
« Atrás

ALFONSO VILLARES: “O FOMENTO DO EMPREGO É UNHA DAS GRANDES PRIORIDADES DESTE EQUIPO DE GOBERNO

No orzamento para o ano 2019, que foi aprobado en pleno cos votos a favor do PP, destaca neste eido a partida dirixida ás bolsas de formación remuneradas para as que se destinan 140.000 euros “concibidas para ofrecerlle á mocidade ese primeiro contacto co mundo laboral para que adquiran experiencia que lles poida abrir portas nun futuro próximo”

A posta en marcha do Centro de Emprendemento de Sargadelos, a baixada de impostos ás empresas condicionada ao incremento de postos de traballo ou a apertura do Centro de Día Residencia, son tamén actuacións coas que se persegue o obxectivo de ofrecer novas oportunidades laborais á veciñanza

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, explicou hoxe que “as Políticas de Emprego, son un dos piares sobre os que se asenta o traballo que estamos a desenvolver desde este equipo de Goberno”, e así queda reflectido no orzamento que redactamos para o ano 2019, que foi aprobado no día de onte nun pleno extraordinario, cos votos a favor do PP.

O rexedor destacou a partida dirixida á bolsas de formación remuneradas para as que se destinan 140.000 euros “concibidas para ofrecerlle á mocidade ese primeiro contacto co mundo laboral que lles reporte experiencia que lles poida resultar útil e abrilles portas nun futuro próximo”.

Villares recordou que a apertura do Centro de Día Residencia, ademais dun servizo necesario e fundamental para as familias e os noso maiores, foi unha aposta importante tamén polo emprego, xa que supuxo a creación dunha trintena de novos postos de traballo estable”.

Con este mesmo fin, precisou que tamén foi creado o Centro de Emprendemento de Sargadelos, no edificio rehabilitado das antigas cabalerizas; “no que poñemos a disposición 6 locais por un prezo simbólico de 20 euros mensuais, para favorecer o emprendemento, e que aquelas persoas con ideas orixinais e novidosas poidan comezar a desenvolver a súa actividade nunha contorna única que recibe, ademais, moitos visitantes ao longo de todo o ano”. Nas instalacións xa está en marcha desde o verán o centro ecuestre Cabaliño de  Pao, e próximamente van abrir as súas portas un café bar cultural e un establecemento de alimentación ecolóxica. A día de hoxe quedan aínda locais dispoñibles.

Outra das medidas que se tomaron para impulsar a creación de emprego foi a baixada de impostos (ICIO, IAE, IBI) para a implantación e fixación de empresas no termo municipal. Esta iniciativa xa está a dar froitos “unha firma que está instalada no noso Concello vai realizar unha inversión de 15 millóns de euros, que suporá a creación de 30 postos de traballo”.

Por esta medida o Concello de Cervo recibiu o certificado de “Concello Emprendedor”, un título outorgado conxuntamente pola Xunta de Galicia e a Fegamp.

 

Villares apuntou que tanto “a actividade do Centro de Día Residencia como a desta empresa que amplía as súas instalacións é perdurable no tempo, polo que  falamos do apoio ao fomento de emprego estable e con garatías”.

O orzamento do Concello de Cervo para o ano 2019 ascende a 7.710.667, 27 euros, unha cifra nivelada entre gastos e ingresos.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa