NOVAS NOVAS
« Atrás

A PISCINA MUNICIPAL ACOLLERÁ O CAMPIONATO GALEGO DE SALVAMENTO DEPORTIVO O 1 E 2 DE FEBREIRO

Na proba está prevista a participación de 200 deportistas de toda Galicia

  • O edil de Deportes, David Rodríguez, e o director deportivo da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo de Galicia, Daniel Vila, mantiveron un encontro para perfilar todos os detalles da competición

O edil de Deportes, David Rodríguez, anunciou no día de hoxe que a piscina municipal olímpica será a sede do Campionato Galego de Salvamento Deportivo nas categorías xuvenil, júnior, absoluta e máster, que se celebrará o 1 e 2 de febreiro; froito dun acordo de colaboración coa Federación Galega de Salvamento e Socorrismo de Galicia.

Rodríguez mantivo un encontro nas instalacións co director deportivo desta Federación, Daniel Vila, para perfilar todos os detalles do evento deportivo e coñecer as necesidades para o desenvolvemento desta proba que reunirá a 200 deportistas de toda Galicia, pertencentes a 12 clubs autonómicos.

A competición, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, arrincará o sábado, 1 de febreiro, ás 10:00 horas, e está previsto que remate o domingo 2, sobre as 19:30 horas.

Os participantes mediranse en diferentes probas de obstáculos, lanzamento de corda, remolque de boneco, relevo mixto e combinado, rescate con aletas ou remolque; entre outras modalidades.

O edil de Deportes recordou que aquí “en Cervo dispoñemos dunhas instalacións privilexiadas, únicas na provincia, e das poucas que hai en Galicia destas características; con todo o equipamento necesario que fan da nosa piscina un emprazamento de categoría para poder acoller probas como esta que de seguro espertarán gran interese entre a veciñanza do noso municipio, e dos arredores”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa