NOVAS NOVAS
« Atrás

A FOLIADA NORDESTÍA REGRESA A SAN CIPRIÁN O VINDEIRO 1 DE ABRIL

Para a VII edición deste evento, organizado pola grupo A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo, hai programados Cantos de Taberna, un xantar popular, xogos e animación infantil, un obradoiro de baile; e xa pola noitiña terá lugar o Festival cos concertos de “Pelepau”, “Fransy, Davide e Cibrán” e “Comando Curuxás”

San Ciprián acollerá o sábado 1 de abril a VII Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos, que se desenvolverá na carpa instalada na Praza dos Campos.

A cita, que non se celebraba desde o 2019, está organizada por A Rebolaxe e conta coa colaboración do Concello de Cervo,

O rexedor Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e membros da asociación organizadora A Rebolaxe, presentaron o evento que encherá de vida e moita música San Ciprián durante todo o día.

O programa arrinca ás 12:00 horas con Cantos de Taberna polos diferentes locais de hostalería,  ás 15:00 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos e animación infantil a cargo de Miudiño, e un obradoiro de baile, ás 19:00 horas.

Como broche de ouro da xornada, ás 20:30 dará comezo o Festival cos concertos de Pelepau, Fransy, Davide e Cibrán e Comando Curuxás

Os tickets para o xantar popular estarán a disposición das persoas interesadas na Terraza O Noso Lar e en Hansel e Gretel ata o 31 de marzo, a un prezo de 13 euros; e o mesmo día na carpa da Praza dos Campos ata fin de existencias, por 15 euros.

Villares quixo darlle os parabéns a A R       ebolaxe por retomar este evento que é toda unha homenaxe á tradición e á cultura galega, “por suposto desde o Concello prestamos

“convidamos á veciñanza e ás persoas visitantes a gozar dunha xornada única na que a música, o baile e a diversión estarán garantidos”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa