NOVAS NOVAS
« Atrás

A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE CERVO INICIA O CURSO CON 35 MATRICULACIÓNS

 

O alcalde e a edil de Educación visitaron esta mañá aos pequenos e pequenas e ao persoal docente do centro

A Escola Infantil Municipal do Concello de Cervo iniciou esta semana o curso con 35 matriculacións (5 pequenos e pequenas de 0 a 1 ano, 15 de 1 a 2 e 15 de 2 a 3 anos), 5 incricións máis das que houbo o ano pasado por estas mesmas datas.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, estiveron compartindo esta mañá un anaco cos nenos e nenas e co persoal docente do centro, “xestionado dun xeito público, e con recursos municipais, no que prestan os seus servizos e coidan dos nenos, 8 educadores/as, en horario de mañá e tarde”.

O rexedor recordou que nestes últimos anos “destinamos unha gran cantidade de recursos municipais a esta instalación “co obxectivo de prestar un servizo público nas mellores condicións, e tamén para poder cubrir ao 100% a demanda crecente das familias cervenses, aspecto ao que se deu resposta coa creación dunha nova aula, incrementando a capacidade do centro en 15 prazas, conseguindo así que ningún pequeno ou pequena quede sen a súa praza nesta instalación municipal que non ten lista de espera”.

A matrícula da Escola Infantil permanecerá aberta ata completar o número de prazas.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa