NOVAS NOVAS
« Atrás

A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CERVO COMEZARÁ O NOVO O CURSO O VINDEIRO 7 DE SETEMBRO

O Concello reforzará o cadro de persoal con dúas novas educadoras sumando un total de 10 profesionais

Estase a ampliar a zona exterior de xogos a fin de garantir a seguridade dos pequenos

 

A Escola Infantil Municipal comezará o novo curso o vindeiro luns, 7 setembro, con 35 alumnos, de 0 a 3 anos.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, achegáronse este mediodía ata as instalacións que alberga a Casa do Mar de San Ciprián para supervisar os traballos de acondicionamento que se están a acometer estes días e que inclúen ampliación e reposición do pavimento da zona exterior de xogos que pasará a dobrar  a súa superficie pasando de 89 a 150 .

Tal e como explicaron, dada a situación excepcional, tamén se reforzará o cadro de persoal con dúas educadoras de apoio, sumando un total de 10 profesionais.

O regreso ás aulas será graduado, tal e como vén sendo habitual cada inicio de curso, para favorecer a adaptación dos/das pequenos/as.

A Escola Infantil, con horario de mañá e tarde para favorecer a conciliación familiar, ten en total 54 prazas dispoñibles.

A delegación de Educación que dirixe Dolores García Caramés, estivo traballando durante estes meses, en coordinación co cadro docente, na preparación dos protocolos a seguir ante o COVID-19; e manterá un encontro esta tarde cos proxenitores das crianzas para informarlles de todo o relativo á volta ás aulas.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa