NOVAS NOVAS
« Atrás

A EDIL DE MEDIO AMBIENTE DENUNCIA A ABSOLUTA DESIDIA DA DEPUTACIÓN “QUE A MEDIADOS DE AGOSTO MA

 Mali Méndez: “xa lle solicitamos por escrito o pasado mes de xullo ao entre provincial gobernado polo PSOE e o BNG,  que procedese á limpeza desta e doutras estradas da súa titularidade que están invadidas pola maleza, pero están a eludir manifestamente a súa responsabilidade poñendo en perigo a seguridade das persoas”

E edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, denunciou hoxe a absoluta desidia da Deputación Provincial que practicamente a mediados de agosto mantén as estradas que son da súa competencia nun estado lamentable.

Méndez puxo como exemplo máis representativo o da “Carretera da Costa”, a LU 1510, que une San Ciprián con Burela pola praia da Marosa, “moi transitada e que  xa ben avanzado o verán está case intransitable en moitos tramos”.

A edil recordou que se vai cumprir un mes desde que lle enviamos un primeiro escrito ao ente provincial que gobernan o PSOE e o BNG, e a día de hoxe a situación segue a ser a mesma, ou máis grave incluso, xa que as estradas están completamente invadidas pola maleza.

A concelleira afeoulle á Deputación que eluda deste xeito a súa responsabilidade poñendo en perigo a seguridade das persoas, tendo en conta ademais a mala imaxe que se proxecta nestas datas nas que, en concreto, a Carretera da Costa, está moi concorrida.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa