NOVAS NOVAS
« Atrás

A DELEGACIÓN DE XUVENTUDE PROGRAMA UNHA NOVA EDICIÓN DE AVÍVATE EN CERVO “CO QUE PRETENDEMOS IN

Desenvolverase un curso de monitor de tempo libre e diferentes obradoiros relacionados coa motivación persoal e emprendedora “que constituirán un apoio importante no desenvolvemento profesional nun mercado laboral cada vez máis competitivo”

  • A iniciativa, que se pon en marcha por terceiro ano consecutivo, está dirixida á rapazada de entre 18 e 30 anos
  • A inscrición é de balde, o prazo remata o 28 de xuño e as prazas son limitadas

O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, porá en marcha este verán unha nova edición do programa Avívate en Cervo dirixido a rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos.

A edil de Xuventude, Dolores García Caramés, explicou que “a actividade tivo unha gran acollida nas dúas primeiras edicións polo que apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa que consiste na realización dunha serie de actividades encamiñadas a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laborar cada vez máis competitivo”.

Neste senso, a actividade principal  será o curso de monitor de tempo libre, que se impartirá dende o 1 xullo ata o 12 de agosto en horario de 9:00 a 15:00 horas. O programa complétase cun obradoiro de motivación empresarial emocional, un taller de cociña biosaudable, unha xornada de ioga impartida por unha especialista no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, unha visita á Escola Infantil Municipal para coñecer o seu funcionamento e cun xantar de convivencia para todas as persoas asistentes.

As persoas interesadas en participar deberán cubrir as inscricións e entregalas antes do 28 de xuño na Casa da Cultura ou no Concello. As prazas son limitadas.

Caramés animou a todos os mozos e mozas a participar e sinalou “que coa experiencia das dúas últimas edicións podemos dicir que este programa pode ser un bo complemento formativo e un apoio importante para o seu desenvolvemento persoal e profesional”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa